Comezamos o martes cun titorial básico que completa o xa publicado no blog xeral de infantil.
Nel vou a explicarvos a rutina diaria de traballo co blog e como recuperar contido dunha forma rápida e eficaz.
Rutina diaria:
1º: entramos no blog: http://respinoinfantil.blogspot.com
2º: Miramos as entradas novas que hai, lemolas e facemos a tarefa que se nos propón, por exemplo: neste caso temos un conto, unha ficha e unha canción. Ao conto e á canción accedese pinchando enriba. Se queremos imprimir a ficha, 1º hai que picar nela para que se faga máis grande para que ao darlle a gardar ou imprimir non saia pixelada.
3º Imos ao blog de aula, para elo picamos na etiqueta "Fichas 4 anos"
4º: Na ventá emerxente aparecennos os avisos do día. Lemos e podemos pechar esa ventá no X.
5º: Deslizamonos polo blog lendo as tarefas que temos que facer e imprimindo as fichas correspondentes. RECORDADE: Picade primeiro na ficha para que se faga máis grande e ao gardar e imprimir non vos quede pixelada e saía con calidade.
Volver a contidos do blog que xa hai días que se publicaron
Pódese facer de varias formas:
1- Baixando polas diferentes entradas do blog
2- Pinchando nas etiquetas superiores onde están clasificadas as fichas por categorías (reforzo, ampliación, grafomotricidade, etc). Esta forma de acceso resulta cómoda porque podemos buscar as fichas segundo o que queiramos traballar, ademais ao lado de cada etiqueta aparece o número de fichas que hai para facer.
3º: A través das etiquetas laterais, onde atoparedes moitas máis etiquetas que na parte superior e vos permite acceder a contidos específicos de cada categoría rápidamente.
Espero que esta información vos fóra de utilidade e recordade que existen máis funcións para traballar co blog e que están recollidas no blog xeral de infantil na etiqueta "informacións".








No hay comentarios:
Publicar un comentario