É importante que as primeiras veces lles vaiades verbalizando os movementos que teñen que facer coa man, para que escriban o 5 correctamente e non coma se fose a letra S. Do seguinte xeito, por exemplo: "Comezamos no puntiño, facemos unha raia para a esquerda, freamos, raia para abaixo, freamos e unha barriguiña)
Para comezar imos a ver e escoitar a canción do número 5:
A continuación, igual que fixemos coa letra J, facemos a grafía do 5 sobre fariña, area, sal, azucre,...
e pasamos a facer a ficha: Poñemos o nome no recadro. Contamos os dedos e comezamos a facer as grafías, primeiro as máis grandes. No reverso contamos os animais e anotamos na etiqueta cántos hai. Antes de facer esta parte da ficha poden buscar obxectos ou xoguetes que teñan na casa e agrupalos de 5 en 5 (5 coches, 5 peluches, 5 animais, 5 pezas dun puzzle, 5 palliñas, 5 servilletas,...)
PD: Se non podedes ou non queredes imprimir as fichas podedes marcarlle vos as grafías cun rotulador amarelo, ou dunha cor clara, tamén valen lápices de cores para que eles o repasen co lapis. E na actvidade de contar igual, debuxadeslle vos o que queirades e eles contan e escriben a grafía do número ao lado.
Por último deixovos o enlace a un xogo de atención, consiste en encontrar o obxecto que non ten parella e non se repite. Pica enriba da palabra XOGO DE ATENCIÓN
Seguro que acadas moitos puntos!!!
Seguro que acadas moitos puntos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario