Todos eles saben xogar a este xogo porque xa o fixemos varias veces.
Tratase dun xogo semellante ao das estatuas.
Hai que por música e parar a canción varias veces, cando cesa a música, un dos participantes di unha parte do corpo e tocaa tanto el como todos os membros da familia que esteades participando.
Despois de varias rondas facemos o mesmo pero tocando a parte do corpo que se indica a outro dos participantes.
Por último xuntan a parte do corpo que se diga coa mesma parte do corpo doutro dos participantes (man con man, pé con pe, orella con orella, etc...).
Cando facemos este xogo divertimonos moito, espero que na casa pasedes tamen un momento divertido!!!
FICHA: Primeiro hai que colorear as partes do corpo e a continuación recortar e pegar na páxina seguinte. Póñovos dous modelos para recortar para que cada un elixa o que máis lle gusta.
Por último deixovos o enlace a un XOGO para aprender as partes do corpo, no que se traballa a lectoescritura.
*Nota: Para acceder aos enlaces dos xogos, tedes que picar enriba da palabra XOGO que aparece resaltada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario