Hoxe imos comezar repasando grafías xa traballadas, pero que nos servirán para afianzar o trazo. Imos tentar axustarnos aos puntiños e imos comezar no punto vermello e imos rematar no último punto gris. A rutina da grafo na ficha é como sempre (1º co dedo, despois co lapis e por último con rotulador)
Neste caso, para practicar antes da ficha podedes pasar o dedo polo borde da mesa, dun conto, etc. Tamen recorremos no espacio lineas verticais e horizontais por exemplo valéndonos das baldosas da cociña, do baño ou da terraza.
E tamén podedes (como noutras ocasións) practicar a grafía facendoa en area, fariña (ollo os alérxicos), sal, azucre,...
Se tedes plastilina, pintura de dedos, lá,... tamén podedes facer a grafía ou repasar e pegar estes materiais sobre a ficha.
Lembrade poñer nome e apelido(s) e colorear os patíns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario