Imos comezar traballando as series, primeiro imos facelo manipulando obxectos que teñamos na casa: pinzas de cores, bloques de construccións, recortando formas de cores,... Trátase de facer series de 2 cores (por exemplo: vermello-azul), de 3 cores (vermello-azul-amarelo), ou de formas (pinza-cuchara), (pinza-cuchara-vaso)...o que se vos vaia ocorrendo e aumentando pouco a pouco a dificultade.
A continuación pasamos á ficha: Trátase de completar as series. Axúdalles moito verbalizar primeiro a serie; por exemplo ir dicindo: (azul-vermello; azul-vermello; azul-vermello ou verde-amarelo-amarelo; verde-amarelo-amarelo).
No reverso da ficha traballamos a atención e a percepción visual rodeando os monos, pintando os pingüins e ignorando os demais animais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario