Temos unha ficha para traballar a escritura espontánea.
Comezamos escribindo nome e apelidos, a continuación escribimos debaixo de cada debuxo a palabra correspondente (sol, lupa, pelo). Hai nenos que son capaces de ir pronunciando por si sos e ir escribindo a palabra que se corresponde cos debuxos, outros necesitarán que lles pronunciedes vos.
Non vos preocupedes se omiten algunhas letras (están aprendendo) e cada un ten o seu ritmo.
Por último colorean os debuxos. Por detrás poden aproveitar o espazo para debuxarse a eles mesmos/as con un ou varios amigos e/ou amigas do colexio, escribindo debaixo os seus nomes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario