miércoles, 29 de abril de 2020

FICHA 4 : LÓXICA-MATEMÁTICA

Seguimos reforzando a grafía dos números do 1 ao 5, seguindo as rutinas de sempre e tendo en conta os movementos para facelo correctamente. Ademáis imos practicar o conteo, polo tanto imos ir contando cousas polas casa: contos, xoguetes, vasos, servilletas, etc.


Antes de comezar coa ficha imos ver como conta o mono Bubba as cousas que vai vendo debaixo do mar.

Traballo na ficha: Poñemos nome e apelidos, contamos as froitas e facemos a grafía e repasamos o número 5. No reverso coloreamos os animais que nos indica cada etiqueta e repasamos as grafías.


*Recordade, que podedes seguir facendo a grafía antes da ficha en azucre, fariña, area, ...  ou facela nunha pizarra se tedes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario