martes, 28 de abril de 2020

FICHA 2- O CORPO

Continuamos traballando o esquema corporal.

Podedes, antes de facer a ficha, practicar o xogo musical das partes do corpo da ficha1 do corpo e/ou practicar hoxe este novo xogo.

Para facee este xogo que xa coñecen as nenas e nenos da clase  necesitades só unha pelota, un peluche, un coxín, ... 

Consiste en levar dunha parede á outra da habitación entre 2 persoas o obxecto que escolleramos coa parte do corpo que se indique. 

(Exemplo: Levamos a pelota entre a fronte, a barriga, a espalda etc dos dous participantes).

Tamén vos deixo unha canción do corpo para axudar a interiorizar todas as partes do noso corpo.



FICHA: Consiste en completar as partes da cara que faltan na ficha. Non te esquezas de escribir o teu nome e apelidos.  Na parte de atrás da ficha, sen necesidade de imprimir nada cada nena/o ten que debuxarse a si mesmo. Tenta non esquecer ningunha parte do teu corpo, desfruta do espello e vaite mirar cantas veces necesites para conseguir debuxalas todas.

*Nota: Para os apelidos escribídello nun papel para que o vaian copiando e pouco a pouco serán capaces de escribilos xa soiñas/os.

Por último deixovos un enlace a un xogo divertido que serve para crear caras divertidas. Pincha AQUÍ PARA ACCEDER





No hay comentarios:

Publicar un comentario