Nesta ocasión imos traballar conceptos espaciais e figuras xeométricas.
Antes de comezar coa ficha imos traballar o concepto diante-detrás. Primeiro imos vivenciar estes conceptos co propio corpo: tedes que irvos situndo diante ou detras dalgún mobiliario da casa segundo vos vaia indicando a/o axudante; por exempo: diante da silla, detrás da mesa, diante do sofa, detrás da lámpada, etc. E podedes aproveitar para reforzar outros conceptos xa traballados (dentro da bañeira, enriba da cadeira, debaixo da cama, etc).
A continuación manipulamos obxectos; podedes coller varios obxectos: peluche, pelota, boneca, conto, etc e colocar segundo o voso/a axudante vos vaia indicando, por exemplo: colocamos a pelota diante do peluche, o conto detrás da pelota, etc...
FICHA: Coloreamos o hipopótamo que está detrás. No reverso, unimos cada figura coa etiqueta do seu nome e repasamos polos puntiños a súa forma; por ultimo coloreamos cada figura dunha cor diferente.
Recordades sempre, en todas as fichas poñer nome e apelido/s.
No hay comentarios:
Publicar un comentario