lunes, 11 de mayo de 2020

FICHA 7: LÓXICA-MATEMÁTICA



Comezamos a traballar o número 6.

En primeiro lugar imos facer coleccións de 6 elementos (6 pinzas, 6 culleriñas, 6 servilletas, 6 peluches, ...)

Despois imos realizar a grafía co dedo sobre area, fariña, azucre, ... Recordade, como sempre ir verbalizando os movementos, por exemplo: "Comezo no puntiño, facendo unha círculo e cerro o círculo no medio" Se tedes unha pizarra tamén podedes repasar a grafía co dedo na pizarra e practicar a facela antes de pasar ao traballo na ficha.

FICHA: Escribimos nome e apelido na etiqueta superior e comezamos a repasar as grafías do número 6, facéndoo primeiro co dedo,despois co lapis e por último con rotulador. No reverso da ficha seguimos o mesmo procedemento.



Por último deixovos unha actividade interactiva que consiste en asociar número e cantidade. Se queres facela pincha AQUÍ




No hay comentarios:

Publicar un comentario