lunes, 18 de mayo de 2020

FICHA 9: LÓXICA-MATEMÁTICA

*NOTA: Hoxe só publico unha entrada, xa que no blog xeral de infantil tedes dende onte fichas e actividades moi interesantes para conmemorar o día das letras galegas e homenaxear a Ricardo Carbalho Calero.

Seguimos co número 6.

Para traballar na ficha axeitadamente, primeiro é necesario manipular obxectos, para que deste xeito o traballo da ficha nos resulte máis sinxelo. Por esta razón coa axuda dun familiar ides completar conxuntos, por exemplo, a vosa/o axudante pon nun prato fondo 4 macarróns e vós, nenas e nenos, tedes que seguir botando macarróns no prato ata que haxa 6. Así con diferentes combinacións: 1, 3, 5 macarróns e completar ata o número 6 ou máis números.

FICHA: Escribimos o nome e debuxamos boliñas ata completar os conxuntos. No reverso, escribimos nome e apelidos, agrupamos pelotas de 6 en 6 e repasamos as grafías como sempre: dedo, lapis e rotu, por último coloreamos as pelotas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario