Hoxe temos 2 fichas de ampliación, para ir aumentando o nivel de esixencia.
Na primeira hai que poñer nome e apelido na etiqueta, a continuación escribimos en mayúsculas a palabra que repreenta o debuxo (por favor que o poñan eles e elas sós/as, dá igual se lle faltan letras, ou se equivocan. Simplemente ide pronunciando lentamente a palabra se o precisan).
Para facer a segunda ficha de sumas, podedes practicar antes propoñéndolles aos nenos e nenas diversas sumas con obxectos (pinzas, macarróns, pelotas, xoguetes, gomas do pelo, legumes, ...)
A continuación realizan as sumas apoiandose na representación gráfica dos dedos e das boliñas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario