Psicomotricidade

sábado, 1 de mayo de 2021

SEMANA DO 3 AO 7 DE MAIO- OUNIVERSO

 

Desta volta investigamos sobre o sol. Aquelo que decíamos que o sol era unha estrela de día. Pois resultou ser verdade: unha estrela grande, que é o centro da nosa galaxia: A VÍA LÁCTEA. Tamén investigamos de que está feito o sol se de lava, de gas moi quente ou de lume. "O señor Google" levounos ao seguinte video, que nos axudou a saber cousas do sol. Descubre por fin de que esta feito o sol.




Ao falar do sol, un neno dixo que a terra xiraba arredor do sol e que tardaba un ano en dar unha volta porque o sol era moi moi gordo...gordo como un loitador de sumo, e outro, que non:  que xiraba arredor de si mesma, asi que consultando os libros do recanto do proxecto descubrimos que a terra fai as 2 cousas . Xira sobre si mesma e tarda un día e arredor do sol e tarda un ano. E segundo o lugar onde estea ao viaxar arredor do sol, estamos nunha estación ou noutra porque os raios do sol nos chegan máis directamente segundo a posición da terra. Complicado de entender, asi que levamos un flexo (o sol) e fomos xirando unha laranxa (terra) para que visen como lle ía dando a luz máis ou menos directamente dando lugar ás estacións e ao mesmo tempo descubrimos que o día e a noite tamén depende do movemento de rotación da terra. SORPRENDENTE O UNIVERSO!!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario