Ao falar do sol, un neno dixo que a terra xiraba arredor do sol e que tardaba un ano en dar unha volta porque o sol era moi moi gordo...gordo como un loitador de sumo, e outro, que non: que xiraba arredor de si mesma, asi que consultando os libros do recanto do proxecto descubrimos que a terra fai as 2 cousas . Xira sobre si mesma e tarda un día e arredor do sol e tarda un ano. E segundo o lugar onde estea ao viaxar arredor do sol, estamos nunha estación ou noutra porque os raios do sol nos chegan máis directamente segundo a posición da terra. Complicado de entender, asi que levamos un flexo (o sol) e fomos xirando unha laranxa (terra) para que visen como lle ía dando a luz máis ou menos directamente dando lugar ás estacións e ao mesmo tempo descubrimos que o día e a noite tamén depende do movemento de rotación da terra. SORPRENDENTE O UNIVERSO!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario