sábado, 15 de mayo de 2021

SEMANA DO 18 AO 21 DE MAIO- O UNIVERSO

 Cando nos preguntamos cómo podemos saber o que hai no universo xurden varias hipótesis que temos que comprobar a través dos libros e de internet e concluímos que efectivamente tanto o telescopio como as viaxes ao espacio teñen moito que ver con dispor de tanta información, descubrimos tamén que os satélites artificiais nos proporcionan información. 

Galileo Galilei era un neno ao que lle encantaba o universo tanto coma a nós. Asi que buscamos unha pouca información sobre este rapaz tan curioso que inventou un aparello espectacular: O TELESCOPIO.




Moitos dos nosos nenos e nenas queren ser astronautas e a través dos libros do recuncho, descubrimos curiosidades sobre eles, que teñen que dormir atados para non flotar, xa que no espacio non hai gravidade, que fan pis e caca nunha especie de pañal,...aspectos que non lle chistan moito e están a puntiño de volverse atrás e preferir ser policías, bombeiros, mestres, ... menos mal que pesa máis o fascinante das súas viaxes e do seu traxe. Asi que adiante os astronautas de 5 anos do "Apolo Respino", nesta ficha cada un vai enfundar o seu traxe e anotar os nomes de cada parte do traxe para emprender viaxe a Lúa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario