domingo, 9 de mayo de 2021

SEMANA DO 10 AO 14 DE MAIO- O UNIVERSO

 

Nun primeiro momento, a lúa non suscitou moito interese entre os 13 nenos e nenas da aula, pero a medida que examinaban os libros do recuncho do proxecto, e cando se deron conta de que a lúa tamén xiraba, comezaron a interesarse por este planeta... planeta???? A lúa é un planeta???? Por fin alguén puido ler a palabra "SATÉLITE" e explicamos que significaba ser un satélite, tamén vimos nos libros que non sempre vemos a Lúa igual, precisamente porque vai xirando arredor da terra e a parte que vemos é a que nese momento reflicte do sol. Mimaaa!!!! A de cousas que hai no universo!!!! Para completar a información sobre a Lúa, "O Señor Google" levounos a este vídeo do seu grande amigo "O Señor Youtube"





Fai uns días descubrimos que no noso sistema solar hai 8 planetas, asi que a través dos libros do recuncho do proxecto fomos descubrindo os nomes de cada un deles e ordenámolos nesta ficha comezando polo planeta máis cercano ao sol e rematando polo máis alonxado. Con este vídeo fomos asegurándonos da orde dos planetas con respecto ao sol, e dalgunhas cousas sobre cada un dos planetas .





Ao repasar os nomes dos planetas, fomos dándonos conta de que os seus nomes semellábanse aos nomes dos días da semana e concluímos, que os días da semana tomaban o seu nome dos planetas e do sol e da lúa. Pero que ten que ver o domingo co sol???? Algúns domingos chove e non quenta o sol, e a avoa dun dos nosos rapaces dixo que o sol se chamaba Lorenzo e non Domingo.... menos mal que lle preguntamos aos profes do cole que veñen pola clase e o profe se inglés nos dixo que sol en inglés dise SUN e que domingo se di: SUNDAY....enigma resolto!!! 









No hay comentarios:

Publicar un comentario