FICHA 1: Rodea as imaxes nas que as pelotas están colocadas na mesma posición que as da primeira imaxe. Colorea as imaxes que están rodeadas.
FICHA 2: Colorea os debuxos como indica o número e a cor dos recadros. Por exemplo, os semáforos: 3 de azul e 5 de verde. FICHA 3: Recorta os números e pégaos no castelo ordenados de menor a maior. Colorea o castelo.
FICHA 4: Continúa as series: na primeira hai que ir sumando 2 e na segunda restando 3. Logo ordena os números que están dentro do óvalo de menor a maior.
FICHA 5: Colorea cada franxa do arco iris dunha cor. Abaixo, escribe os números de cada franxa que suman o número 10. Exemplo: 0+10=10.
Recorda poñer o nome nas fichas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario