Psicomotricidade

domingo, 2 de mayo de 2021

LÓXICA-MATEMÁTICA DO 3 AO 7 DE MAIO

Esta semana iniciámonos na resta. É recomendable facer primeiro exercicios con materiais e obxectos que os nenos podan manipular. Por exemplo, ceras, como habitualmente empregramos na aula para facer sumas.

Comenzaremos entón con restas a modo de xogo. Exemplo: se tes 5 ceras na túa mochila e perdes 2, cantas che quedan?

Unha vez que realicemos o xogo tres ou catro veces, pasamos ao traballo de fichas. 

FICHA 1: Completamos os recadros cos números que faltan, realizando as restas correspondentes. Para iso hai que contar os páxaros que hai no primeiro niño e poñer o número abaixo. Logo contamos cantos saen voando e poñemos o número no seguinte recadro. Por último contamos os que quedan no niño e poñemos o resultado.



FICHA 2: Moi similar a anterior. Para empezar contamos os pétalos que ten a primeira flor e poñemos o número abaixo. Na seguinte flor contamos os pétalos que lle caen ao chan e escribimos o número. Por último contamos os pétalos que lle quedan a flor e poñemos o resultado da resta. 


FICHA 3: Realizamos as restas, neste caso a partir do resultado. Na primeira temos un exemplo. Logo temos que contar cantas madalenas hai en total e poñer o número no primeiro recadro. Despois rodeamos as que nos van quedar (o resultado:3) e tachamos as demais. Contamos cantas madalenas hai tachadas e poñemos o número no segundo recadro. Comprobamos que o resultado é o número que está escrito. 
A continuación facemos os mesmos pasos cos caramelos.


FICHA 4: Completa a serie numérica ascendente e descendente. Debuxa en cada maceta tantas flores como indica o número. Colorea. 


FICHA 5:  Realiza as sumas e escribe o resultado ao lado ou abaixo. Colorea segundo o resultado.

Escribe o nome nos recadros de arriba de cada ficha. 






 

No hay comentarios:

Publicar un comentario