sábado, 24 de abril de 2021

SEMANA DO 26 AO 30 DE ABRIL- O UNIVERSO

Unha das cousas que máis lle chama a atención aos nenos e nenas da clase son os planetas, como son e que hai en cada un deles. A maioría xa sabía que o noso planeta é a terra e dician que tiña forma de círculo. Pero observamos, a través dun xogo do recuncho do proxecto que a terra ten forma de esfera. Tamén decían que a terra estaba feita de pedras, montañas, camiños, arboles, praias e ceo...así que houbo que ordenar todo esto e concluir que a terra estaba formada nun 75% de auga e terra e que estaba rodeada por gases que formaban a atmosfera. 


Así que despois de tales descubrimentos, como de costume, imos deixalo reflectido nas seguintes fichas:
Na 1ª: Completamos os 2 ocos, no 1º poñemos "A TERRA"  e no segundo o verbo "É". despois coloreamos a terra de marrón e a auga de azul. Así queda representado o noso planeta Terra, o planeta azúl.



Na segunda, ficha imos deixar constancia de que nos tamén descubrimos que a terra non era un círculo plano, se non unha bola, unha pelota xigante, unha esfera; asi que escribimos a palabra esfera e coloreamos todos os corpos esféricos que hai na ficha.




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario