Unha das inquietudes dos nenos e nenas era saber que había no universo, ademais do sol, estrelas e planetas, e saber como era de grande o universo.
Así comeza a nosa labor de investigadores, a través de libros que achegaron os rapaces, libros da biblioteca e a través do "Señor Google" ao que sempre lle preguntamos cousas e nos contesta a través do noso encerado dixital.
Así descubrimos cantas cousas se poden encontrar no universo: diversos corpos celestes, po e incluso lixo...agggg!!!!
Así que despois de todo o que descubrimos decidimos plasmar algunhas desas cousas a través dunha ficha na que temos que escribir a palabra correspondente debaixo do debuxo e colorear.
(comezando por arriba e pola esquerda temos representado: sistemas, estrelas, meteoritos, cometas, nebulosas e planetas)
Outra das inquedanzas era saber como era de grande o universo e chegamos a conclusión de que era infinito. O Infinito represéntase co número 8 "durmindo a sesta" e significa que podemos decir números da mañá a noite e non acabamos de decir o grande que é o universo. Na busqueda desta información descubrimos que hai varios sistemas solares no universo; o noso está formado polo sol e por 8 planetas. Esta información pareceunos interesante, para saber en que lugar do universo nos atopamos e por este motivo recollemos esta información nesta ficha, na que ademais están representados os noso planetas e que imos colorear.
No hay comentarios:
Publicar un comentario