lunes, 5 de abril de 2021

PROXECTO UNIVERSO

A finais do pasado trimestre xurdiu na aula interese polo universo, os planetas, se a lúa era a mesma aquí e na Coruña, por que facía frio se o sol sempre estaba...que non que a veces o sol marcha...e a onde marcha?... non sei...pero é inimigo da lúa e marchan para non pelexar... que non...que son novios (risas)... Profe, dice "fulanito" que o sol e a lúa son noivos, a que non? A que son enemigos ... en fin... pois non sei...pero teremos que investigar. Asi que aquí estamos iniciando un proxecto sobre o sol, a lúa, os planetas...O Universo.


Para comezar imos facer unha chuvia de ideas  recollendo por escrito todas as cousas que sabemos sobre o tema (certas ou non).



A continuación imos pensar que cousas queremos saber sobre o universo:


No hay comentarios:

Publicar un comentario