A pasada semana estivemos construindo un invernadoiro, para sementar fabas, que posteriormente, transplantaremos a un semilleiro máis grande e por último irá para o horto escolar.
Primeiro cada neno/a coloreou o seu invernadoiro, e despois metemos 5 algodóns e 5 fabas dentro. A continuación botámoslle auga e colocamos os invernadoiros nas ventás para que recibiran a luz e o calor do sol.
Estas son as fotos do proceso:
Agora toca esperar e observar cada 2-3 días como van evolucionando as nosas sementes, para transplantalas no momneto oportuno.
VIVA A PRIMAVERA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario