Agora imos traballar a grafía e o son da CH a través das seguintes fichas:
Ficha 1: Repasamos a ch en maiúscula e en minúscula, primeiro co dedo, despois co lapis e por último co rotulador.
Ficha 2: Coloreamos os debuxos que teñan o son /ch/ e riscamos os que non o teñan, despois repasamos as sílabas.
Ficha 3: Lemos as palabras que hai no medio da ficha, rodeamos as que se corresponden cos debuxos e escribímolas debaixo do debuxo que corresponda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario