Psicomotricidade

miércoles, 3 de junio de 2020

FICHA 1: OS ANIMAIS

Hoxe, imos a recordar cousas que aprendemos sobre os animais, polo que imos comezar cunha canción que nos gusta: BARTOLITO



Ficha: Comezamos, como de costume, escribindo nome e apelidos, e a continuación coloreamos os animais que viven na granxa. No reverso unimos cada animal co producto que nos dá e coloreamos.



Por último, para rematar propóñovos unha actividade interactiva, na que tedes que colocar aos animais segundo sexa a súa forma de desprazarse (1º os nadadores, despois os corredores ou camiñadores e por último os voadores) ao rematar dádelle a comprobar as respostas para ver cantos puntos acadastes. Se queres xogar preme AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario