Antes de comezar co traballo na ficha podedes facer a letra V co dedo en area, fariña, azucre, etc. E tamen practicalo nunha pizarra, se tedes ou nun folio.
FICHA: Comezamos repasando a letra V primeiro co dedo, despois co lapis e por último co rotulador, despois rodeamos a V na palabra vaca e por último coloreamos os debuxos que teñen o son V.
No reverso: Repasamos as grafías co lapis e despois con rotulador e escribimos soas nos recadros con lapis a V.
Na última ficha rodeamos de amarelo a B e de vermello a V que vexamos no texto mentres as nosas/os axudantes nos len o que está escrito no texto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario