Psicomotricidade

sábado, 13 de marzo de 2021

GRAFOMOTRICIDADE 15-21 MARZO

A continuación temos unha nova ficha de grafomotricidade. Como sempre, podedes practicar os trazos antes en area, fariña, azucre, sal, etc, na pizarra, en papel, con fios e las, con pintura de dedos, seguindo a grafía con botóns, etc etc...imxinación.

O traballo na ficha tamén como sempre: dedo, lapis e por último rotulador. E para completar e facer unha actividade máis creativa tamen podedes pegar lá seguindo a grafía, boliñas de papel, algodón,  pegatinas, lentellas, repasalo con pintura de dedos, esmaltes das unllas (se s mamis vos deixan) etc, etc.  E nos esquezades colorear o debuxo (sen barbas e sen calvas)




No hay comentarios:

Publicar un comentario