Para aquelas nenas e nenos que necesiten reforzar e afianzar contidos porpoñemos esta ficha na que imos traballar a grafía e o concepto do número 1, e a grafía e o son da letra a.
Comezamos con enerxia escoitando a canción do número 1.
Como sempre, verbalizamos os movementos da man para facer a grafía do número 1: "Subimos a montaña e baixamos ao pozo". É importante axustarse o máximo posible aos puntiños para mellorar cada vez máis a grafía do número 1.
Recordade a rutina: 1º co dedo, 2º co lapis e 3º co rotulador.
Para comezar co repaso da letra A, imos en primeiro lugar recordar o conto da raiña A e a súa canción.
O traballo na ficha consiste en repasar a grafía da letra A verbalizando os movementos: "Subo a montaña, baixo ao pozo, levanto e cruzo a ponte". Rodeamos a "A" na palabra ardilla e por ultimo coloreamos os elementos da ficha que teñen a letra A. (a ardilla, o abano e as azucenas)
No hay comentarios:
Publicar un comentario