Antes de facer a ficha imos a coller diversos obxectos: cuchariñas do café, tapóns de botellas, pinzas, palillos, etc... o que teñamos pola casa e imos agrupando obxectos de 5 en 5.
Para realizar a ficha: Primeiro escribimos nome e apelidos na ficha, despois reapasamos as grafías coma sempre (dedo, lapis e rotulador), coidando de verbalizar a grafia e facer ben os trazos (ten que sair un 5 ben feito, non a letra S), e por último agrupamos e coloreamos. No reverso da ficha repasamos as grafías dos números 4 e 5, seguindo coma sempre os tres pasos: dedo, lapis, rotulador.
Deixovos a maiores nesta entrada uns marcos para que escribades os nomes e os apelidos e así poden servir de modelo para escribilos soiños e soiñas en cada unha das fichas mirando pola tarxeta. Elexide o modelo/os que máis vos guste.
No hay comentarios:
Publicar un comentario